• GLOCAL QUALITY SOLUTIONS


    A misión de Glocal Quality Solutions é levar as webs
    e aplicacións dos nosos clientes ó seu máximo potencial,
    eliminando as barreiras de accesibilidade web,
    de funcionalidade e lingüísticas, para lograr
    unha experiencia de usuario óptima.

Glocal Quality Solutions

Glocal Quality Solutions somos profesionais da localización, da funcionalidade e da accesibilidade web con anos de experiencia. O noso obxectivo é axudar os nosos clientes a acadar o éxito rompendo as barreiras idiomáticas, culturais, de funcionalidade e de accesibilidade. Ofrecemos solucións que melloran a comunicación global dos nosos clientes, adaptándoa ós costumes e necesidades dos seus consumidores locais e con necesidades especiais. Deste xeito logramos que a comunicación dixital sexa realmente universal para tódalas persoas e axudámoslles ós nosos clientes, asemade, a xerar grandes beneficios.

A nosa misión

A misión de Glocal Quality Solutions é levar as webs e aplicacións dos nosos clientes ó seu máximo potencial, eliminando as barreiras de accesibilidade web, de funcionalidade e lingüísticas, para lograr unha experiencia de usuario óptima.

ACCESIBILIDADE WEB

En Glocal Quality Solutions contamos con profesionais certificados pola Asociación Internacional de Profesionais da Accesibilidade (IAAP) para asegurármonos de que a túa web sexa accesible e cumpra coa normativa.

Ler máis

GARANTÍA DE CALIDADE (QA)

O noso servizo de QA garante unha correcta funcionalidade da túa web e mellora a experiencia dos teus usuarios. Soluciona os erros na túa web antes de que se convertan en problemas.

Ler máis

TRADUCIÓN E LOCALIZACIÓN

Non peches o teu negocio ó mundo. Descubre os nosos servizos de tradución e comunícate coa máxima rapidez, eficacia e calidade.

Ler máis