Accesibilidade web

O poder da Rede radica na súa universalidade. O feito de tódalas persoas poderen acceder á web é un aspecto fundamental.

—Tim Berners-Lee, director do W3C e creador da World Wide Web

O obxectivo de Glocal Quality Solutions é ser referentes na accesibilidade web. A nosa misión é levar as webs dos nosos clientes ó seu máximo potencial e eliminar as barreiras para conseguir que a experiencia de usuario sexa óptima.

As páxinas web deben ser accesibles para brindar igualdade de acceso e de oportunidades a tódalas persoas.

A Convención das Nacións Unidas recoñece o acceso á información e ás tecnoloxías da información como un dereito fundamental.

Os estudos demostran que, entre outros beneficios, os sitios web accesibles teñen mellores resultados de busca (mellor posicionamento SEO) e, logo de eliminar as barreiras, conseguen que a experiencia de usuario sexa óptima.

Outros beneficios de ter unha web accesible son:

- Mellorar a marca: a diversidade e a inclusión, tan importantes para o éxito empresarial, aceléranse cun compromiso de accesibilidade claro e ben integrado.

- Ampliar o mercado: unha web accesible chega a un segmento de clientes que a competencia pasou por alto. Este segmento abarca desde os nosos maiores, persoas en situación de discapacidade, temporal ou permanente, persoas con problemas auditivos, ou con dificultade para comprender o idioma, a persoas con dificultade para navegar só co rato, etc.

- Cumprir coas leis: en Europa, Norte América e outras moitas rexións existen leis que esixen a accesibilidade dixital. O incumprimento pode dar lugar a graves sancións.

As organizacións estanse decatando do feito de que adaptar a accesibilidade xera múltiples beneficios: reduce os riscos legais, fortalece a presenza da marca, mellora a experiencia do cliente e mellora a produtividade.

—Paul Smyth, Xefe de Accesibilidade Dixital, Barclays

SERVIZOS

En Glocal Quality Solutions, profesionais certificados pola Asociación Internacional de Profesionais da Accesibilidade (IAAP), analizamos a accesibilidade da túa páxina web en profundidade e desenvolvemos polo miúdo o informe de auditoría.

O noso informe de auditoría contén tódolos cambios e axustes que deben ser implementados na web para que sexa accesible e cumpra cos criterios de accesibilidade da WCAG 2.1 e a lexislación en vigor.

Co noso informe de auditoría calquera desenvolvedor web pode implementar os axustes de accesibilidade. Mais, se prefires, en Glocal Quality Solutions podémonos encargar tamén de implementar a accesibilidade da túa web.

En Glocal Quality Solutions podémoste acompañar durante todo o camiño, deseñando e desenvolvendo a web accesible que mellor se adapte ás túas necesidades.

SEMPRE ACCESIBLE

Para aquelas páxinas web que reciben actualizacións e contido novo con frecuencia, en Glocal Quality Solutions ofrecemos a posibilidade de contratar o servizo "Sempre accesible". Con este servizo revisaremos mensualmente que todo o contido novo da túa web cumpra cos estándares e as normas de accesibilidade.