Tradución e localización

Non peches o teu negocio ó mundo. Descubre os nosos servizos de tradución e comunícate coa máxima rapidez, eficacia e calidade.

En Glocal Quality Solutions eliminamos as barreiras lingüísticas e culturais entre os nosos clientes e os seus interlocutores, deste xeito logramos unha comunicación rápida e fluída.

Axudámoste a te comunicares no ámbito global para non deixar pasar a oportunidade que precisa o teu negocio de crecer e se expandir.

Grazas á crecente globalización, e ós avances tecnolóxicos, as relacións entre países aumentaron exponencialmente polas innúmeras vantaxes que ofrece:

  • Acceder a mercados e oportunidades de inversión e crecemento novos.
  • Entrar en contacto con profesionais coas habilidades e competencias requiridas.

Non todos falamos a mesma lingua, faise fundamental por iso a presenza de profesionais da tradución e da interpretación altamente cualificados que coñecen a cultura do interlocutor. En Global Quality Solutions somos conscientes da importancia dunha tradución e unha interpretación de calidade, pois calquera erro, por pequeno que sexa, pode distorsionar a mensaxe que queremos transmitir e facernos perder a oportunidade que estamos procurando.

SERVIZOS


Tradución de web e aplicacións

Traduce a túa páxina web cos nosos profesionais, optimizada para SEO e adaptada á cultura do receptor. Confía a tradución das túas aplicacións ós nosos profesionais.

Tradución de comunicacións e mensaxes en webs especializadas

Escoita e dá resposta ó feedback dos teus clientes de forma rápida e no seu propio idioma. Demóstralles que os seus comentarios son importantes, que os teus clientes che importan, sen que a resposta pareza escrita por un robot.

Garantía de Calidade da Localización (LQA)

Revisión de contido lingüístico para a súa optimización.

Verificación de que o contido non ten faltas ortográficas, erros tipográficos, problemas de visualización, de execución, etc. Mostra unha imaxe profesional para xerar confianza no teu cliente.

En Glocal Quality Solutions podémoste acompañar durante todo o camiño, deseñando, desenvolvendo e testando a web que fortalecerá a túa imaxe de marca.

Tradución de comunicacións Business-to-Business (B2B) Negocio a negocio, Business-to-consumer (B2C) Negocio a consumidor e correos electrónicos.

Non perdas a oportunidade de responder os teus correos a tempo co noso servizo de tradución urxente. Evita o risco e o custo que pode supor non responderes a tempo unha mensaxe ou non facelo de maneira efectiva. Glocal Quality Solutions garante a máxima confidencialidade, rapidez e calidade, para responder a tempo aquelas mensaxes e correos que non poden esperar.

Tradución e interpretación en chamadas e videochamadas

Tira o máximo partido das túas reunións. Glocal Quality Solutions conta cos mellores profesionais que che ofrecen unha tradución e interpretación de máxima calidade.

Revisión da túa web

Se a túa web xa está traducida, podemos revisar o contido e optimizalo. Revisamos que o contido non teña faltas ortográficas, tipográficas, problemas de visualización, etc. Mostra unha imaxe profesional para xerar confianza no teu cliente.

Máxima flexibilidade

Paga as túas traducións a final de mes contratando a tarifa que mellor se adapte ás túas necesidades e consigue grandes descontos. Subscríbete e paga só polo volume de palabras que necesites cada mes.