QA

Glocal Quality Solutions ofréceche todo o que precisas para conectar a túa empresa co mundo, da mellor forma posible.

A web é a túa imaxe de marca cara ó mundo, coa que xerar confianza, contactos e clientes novos. En Glocal Quality Solutions axudámoste a implementar os cambios necesarios para que a túa web sexa accesible.

Un bo servizo de QA e LQA na túa web é vital para o cumprimento das expectativas dos clientes e para xerarlles confianza. Axuda a aforrar custos e soluciona erros antes de que se convertan en problemas.

O noso servizo de QA e LQA garante unha correcta funcionalidade da túa web e mellora a experiencia dos teus usuarios. A aposta da túa empresa pola calidade fortalece a túa marca e fideliza os teus usuarios. En Glocal Quality Solutions axudámoste a que a túa marca sexa sinónimo de calidade.

Coa integración do Posicionamento en buscadores (SEO) como parte do servizo QA tirarás o máximo partido da túa páxina web, ó tempo que melloras o teu posicionamento nos buscadores.

Fai da navegación pola túa web unha experiencia positiva para as persoas interesadas nos teus produtos ou servizos e fideliza os teus clientes.

Poderás descansar sabendo que os teus clientes poden finalizar as súas compras e reservas en liña.

SERVIZOS


Garantía de calidade (QA)

Funcionalidade web

Experiencia de usuario (UX web)

Implementación e Desenvolvemento web

Soporte na implementación

Servizos de localización web

Posicionamento en buscadores (SEO)

Garantía de Calidade da Localización (LQA)

Revisión de contido lingüístico para a súa optimización.

Verificación de que o contido non ten faltas ortográficas, erros tipográficos, problemas de visualización, de execución, etc. Mostra unha imaxe profesional para xerar confianza no teu cliente.

En Glocal Quality Solutions podémoste acompañar durante todo o camiño, deseñando, desenvolvendo e testando a web que fortalecerá a túa imaxe de marca.

SEMPRE A PUNTO

Para aquelas páxinas web que reciben actualizacións e contido novo con frecuencia, en Global Quality Solutions ofrecemos a posibilidade de contratar o servizo "Sempre a punto". Con este servizo revisaremos mensualmente que todo o contido novo da túa web sexa funcional.