Sobre nós

«Pensa globalmente, actúa localmente»

Somos unha empresa nada da man de grandes profesionais da localización, da funcionalidade e da accesibilidade web co obxectivo de axudar os nosos clientes a acadar o éxito rompendo as barreiras idiomáticas, culturais e de accesibilidade. Para isto ofrecemos solucións que melloran a comunicación global dos nosos clientes, adaptándoa ós costumes e necesidades dos seus consumidores locais e con necesidades especiais. Deste xeito logramos que a comunicación dixital sexa realmente universal para tódalas persoas e xeramos, asemade, grandes beneficios para os nosos clientes.

Escollemos o nome GLOCAL por ser un termo integrador, que implica o respecto pola cultural local nunha sociedade cada vez máis global; eliminando barreiras, tendendo pontes e fomentando a correcta interacción nun mundo onde o respecto pola diversidade é fundamental.

En Glocal Quality Solutions o noso obxectivo é ser un referente no noso sector. Estamos orgullosos dos nosos valores e traballamos con grandes profesionais, no ámbito nacional e internacional, baixo os máis altos estándares de calidade.

Un dos nosos trazos distintivos é a grande flexibilidade e o rango de servizos que ofrecemos, o que nos permite adaptarnos ás necesidades dos nosos clientes.

Axudando os nosos clientes axudamos a cambiar o mundo.